Thursday 09 de May de 2024

Bruno Landrove, do CIFP Fragas do Eume, proclámase Campión do I Campionato Interescuelas de Hostalería de Galicia


• Natalia Fernández Rey, do CIFP Paseo das Pontes e Sonia García Durán, do CIFP Compostela alzáronse co segundo e terceiro posto respectivamente

• Nesta primeira edición déronse cita un total de 17 alumnos e alumnas procedentes das diferentes escolas de hostalería de Galicia

A Asociación Galega de Barmen ( AGABA), celebrou onte xoves a primeira edición do Campionato Interescuelas de Hostalería de Galicia.

No CIFP Compostela e, coa participación de 17 alumnos e alumnas procedentes das diferentes escolas de hostalería de Galicia, os concursantes participaron en dous masters classes, nunha comida de confraternización e, durante toda a mañá, expuxeron #ante o público e os xuíces técnicos e degustadores as súas creacións. Co patrocinio da xenebra “ Whitley Neill” e dos refrescos da casa “ schweppes”, levaron a cabo a elaboración dun cocktail de libre creación, buscando o mellor gusto, olfacto e mesmo unha coidada decoración acorde co tipo de grolo.

O Campión desta primeira edición foi Bruno Landrove Gómez, alumno do CIFP Fragas do Eume. A segunda e terceira posición, recaeron en dúas barwomans, Natalia Fernández Rey, do CIFP Paseo das Pontes e Sonia García Durán, do propio CIFP Compostela; respectivamente.

Despois da exitosa participación nesta xornada, que tiña por obxectivo profesionalizar o sector da coctelería galega e achegalo aos máis novos, que son os alumnos e alumnas que na actualidade cursan ciclos de servizos; a asociación xa apuntou a unha segunda edición o próximo ano 2023, co obxectivo de incrementar o número de participantes e sumar máis socios e profesionais ás barras da hostalería galega.